Publicador de contidos

Publicador de contidos

Andar na Coruña que bonito é!

Andar na Coruña que bonito é!

No Reto Europeo de Pasos a cidade logrou o posto 25 de toda a Unión

En España os coruñeses son os cidadáns máis andadeiros 

G24.gal 06/10/2025 14:43

En hora punta ou cando case non hai ninguén; en grupo ou un por un; en chándal ou vestidos para a ocasión, os coruñeses teñen o costume de saír camiñar. A cidade acaba de participar nun reto europeo de mobilidade a pé, e no período de cómputo acabou sumando 8 millóns de pasos entre 250 persoas. A marca lograda supón que é a cidade máis andadeira de España. Algo que aquí non causou moita sorpresa.

Cren que os case 15 quilómetros de paseo á beira do mar e o tamaño da cidade pode ser a causa de que quede por diante de lugares como Milán ou Bruxelas. Ademais din que a cidade ten de sempre a cultura de andar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade