Publicador de contidos

Publicador de contidos

Analizamos a evolución do sector leiteiro nos últimos cincuenta anos

Analizamos a evolución do sector leiteiro nos últimos cincuenta anos

De muxir a man vacas do país a ser a oitava potencia europea en produción

Máis da metade do leite español procede de granxas galegas

G24.gal 07/06/2024 20:19 Última actualización 07/06/2024 20:46

Muxir cinco ou seis litros de vacas do país a man cun caldeiro, meter o leite en bidóns e levalo cunha burra ata a beira das estradas onde unha camioneta o recollía para levalo ás cidades. Así comezou o sector leiteiro galego hai máis de medio século. Hoxe somos a oitava rexión produtora da Unión Europea e todo débese ao esforzo daqueles pioneiros.

"Daquela era todo a man e con vacas do país. E logo levábanse os bidóns ou a Chantada ou a un camión para Lugo", di Aquilino Rodríguez, gandeiro xubilado.

A introdución da raza frisoa, o cultivo de millo, os sistemas de ensilaxe ou a aparición dos pensos foron claves para que o sector despegara ata ser un dos máis importantes da economía galega. Testemuñas dese crecemento exponencial foron os leiteiros, que diariamente visitan as explotacións. E é que a aparición dos sistemas de frío foi outra das claves.

"Había que facer case todo a man. Os veciños levaban os bidóns a un punto. E había moitísimas explotacións, non como agora", di Antonio Rodríguez, leiteiro.

Hoxe hai moitas menos explotacións pero máis vacas e máis leite, ata o 50 % do que se produce en España. Tamén cambiou o perfil dos profesionais: cada vez hai máis mulleres con estudos superiores á fronte das granxas e cunha imparable introdución de novas tecnoloxías como os robots para muxir.

"A formación que adquirín sérveme para solucionar problemas no día a día da granxa", comenta María Manteiga, gandeira e enxeñeira agrónoma.

Cambiaron os métodos, as persoas e ata as vacas pero a esencia é a mesma: ofrecer cada día o mellor leite que se pode atopar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade