Cargando resultados...
Ana Pontón manterá contactos coa emigración galega en tres cidades de Suíza
Pulsar a realidade dos emigrados, tratar o tema das pensión e divulgar a campaña para as municipais, entre os obxectivos desta visita

G24.gal
08/04/2023 21:06
Última actualización 08/04/2023 21:17
A líder do BNG, Ana Pontón, viaxará a Suíza a mediados deste mes para manter varios encontros coa comunidade galega. En concreto, visitará Xenebra, Zürich e Basilea entre os días 14 e 16.
Un primeiro obxectivo, segundo indica o BNG, é contactar coa realidade dos galegos no país helvético e tamén compartir as propostas electorais para os comicios municipais en relación coa emigración.
Ademais, Pontón transmitiralles o seu interese en analizar problemas como as pensións dos retornados e a súa fiscalidade.