Cargando resultados...
Ana Pontón asegura que o BNG vai ter un resultado histórico nas municipais de maio

G24.gal
25/02/2023 15:26
O Bloque Nacionalista Galego tamén avanza na presentación dos seus candidatos. Hoxe a voceira nacional participa na presentación dos aspirantes de Mondariz e do Porriño.
Neste concello estivo esta mañá para impulsar a candidatura qe encabeza Pedro Pereira. Ana Pontón amosouse convencida de que o BNG vai dar a sorpresa nos comicios municipais e que vai ser a forza que máis suba, obtendo un resultado histórico e afianzando o cambio de ciclo político iniciado tras as eleccións galegas.