Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro pon a directa cara a París cun salto de 14,32

Ana Peleteiro pon a directa cara a París cun salto de 14,32

A de Ribeira logrou o oitavo título de España en pista cuberta coa sexta mellor marca da temporada

Adrián Ben foi bronce nos 800 metros e haberá que agardar si é elixido para o Mundial de Glasgow

G24.gal 18/02/2024 13:03

A ribeirense Ana Peleteiro comeza a achegarse ao seu mellor nivel. No Campionato de España de atletismo en pista cuberta acadou unha marca de 14,32 que a clasifica para o Mundial de Glasgow e a deixa con pé e medio nos Xogos Olímpicos de París. Conseguiu a sexta mellor marca mundial da temporada e fixo un último salto máis longo pero foille anulado por pisaren por milímetros a táboa. 

O viveirense Adrián Ben tamén logrou medalla. Fíxose co bronce nos 800 metros pero foi un metal agre porque quedou a dúas centésimas da prata e só hai dúas prazas para o Mundial de Glasgow. Xa ten o billete Mariano García, que logrou o título, e agora será o seleccionador o que teña que escoller entre Ataoui (prata) ou Ben (bronce), os dous cun nivel moi semellante. 

Tamén estivo na final dos 400 metros o vigués Jacobo Soler, quinto de España, nunha carreira dominada por Óscar Husillos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar