Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amplíase a busca do desaparecido do Portiño á costa ferrolá

Amplíase a busca do desaparecido do Portiño á costa ferrolá

Os bombeiros rastrexan as áreas de Penencia, Lobadiz e cabo Prior con dous drons e unha embarcación

G24.gal 09/02/2024 14:21

Logo de tres días sen resultados, Salvamento Marítimo solicitou a colaboración dos bombeiros, Protección Civil e Policía Local de Ferrol ante a posibilidade de que as correntes puidesen arrastrar o corpo cara a costa ferrolá. Malia que vai vento e chove, están a desenvolver os traballos sen complicacións.

Mentres na cidade herculina a Salvamar Betelgeuse e os bombeiros e Protección Civil da Coruña e Arteixo rastrexan a costa desde o porto exterior de Punta Langosteira ata a Torre de Hércules, en Ferrol peitean as áreas de Penencia, Lobadiz e cabo Prior.

O home, de 65 anos e veciño do barrio coruñés do Martinete, desapareceu na tarde deste martes cando regresaba dunha xornada de pesca, a bordo dunha lancha, canda outras dúas persoas, que foron as que deron a voz de alarma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar