Amplíase a 40.000 euros o tope de venda dos establecementos adheridos ao Bono Cultura
Os bonos caducan o 31 de decembro
A Xunta amplía ata 40.000 euros o límite de gasto nos establecementos adheridos ao Bono Cultura. Son máis de cincocentos os locais onde se poden gastar estes bonos de 50 euros, en que se desconta a metade da compra.
Algúns responsables destes establecementos din estar lonxe dese tope, pero nunca se sabe porque o Nadal se aproxima e a iniciativa, din, está a ter moito tirón.
Esta boa marcha fixo que a Xunta duplicara o límite de gasto nos 560 establecementos adheridos: teatros, cines, tendas de música ou librarías onde gastar estes bonos de 50 euros, en que se desconta a metade da compra.
Regalar cultura sempre é un acerto, e este Nadal pode saír á metade de prezo porque os bonos non caducan ata o 31 de decembro.