'Sirat' de Óliver Laxe e 'Romaría' de Carla Simón, candidatas á Palma de Ouro en Cannes
Óliver Laxe estreou aquí os seus anteriores traballos que foron moi laureados e todos premiados nas seccións non oficiais
Carla Simón gañou o Oso de Ouro da Berlinale en 2022 por Alcarràs e o Premio Nacional de Cinematografía de 2023
A Palma de Ouro de Cannes pode ter ADN galego se consegue este máximo galardón Óliver Laxe con Sirat ou Carla Simón con Romaría. Pero hai más creadores da nosa terra que optaron a algún premio como Brais Revaldería por 'Fillos do Vento. A Rapa', o único documental español na Sección Inmersiva do festival.
O director franco-galego Óliver Laxe chegou a Cannes pola porta grande na sección oficial do festival. O seu último filme, Sirat, é un dos dezanove que optan á Palma de Ouro, un premio que España só acadou unha vez (en 1961) con Viridiana de Luis Buñuel.
Outra candidata á Palma de Ouro é -Romaría- da directora Carla Simón, nada en Cataluña pero de ascendencia galega. Unha cinta rodada na nosa terra que serve como peche á triloxía na que esboza a súa propia historia familiar.