Amelia Pérez: "A confirmación da implantación de SAIC en Galicia é unha boa nova"
"A implantación de SAIC vai repercutir ademias noutros sectores como o naval e o metal", afirmou a secretaria xeral de Comisións Obreiras en Galicia
"Temos unha empresa construtora no sur, temos unha empresa construtora no norte, e iso vai reforzar o papel de Galicia no sector do auto", afirmou Amelia Pérez
Un día despois da confirmación oficial polo presidente da Xunta do desembarco da compañía asiática SAIC en Galicia, no informativo Bos días da Televisión de Galicia están reunindo máis valoracións do que vai supoñer para o tecido industrial galego. Xa entrevistaron o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e acto seguido déronlle voz aos sindicatos. Amelia Pérez, secretaria xeral de CC.OO. de Galicia.
Amelia Pérez fixo unha valoración positivo e afirmou que nos últimos anos todas eran malas novas e que con esta confirmación da implantación de SAIC é unha boa nova.
Trátase dunha zona, a de Ferrolterra, en que se leva reclamando a reindustrialización durante moito anos. A implantación de SAIC vai repercutir ademias noutros sectores como o naval e o metal.
"Cando se implanta unha constructora leva aparellado toda a fábrica de provedores, como pasa na bisbarra de Vigo, polo que esa formulación inicial de traballadores que precisa a planta de SAIC entendemos que se ten que incrementar con eses provedores", destacou Pérez.
Segundo o presidente da Confederación de Empresarios, Galicia vaise converter nun polo no sector da automoción a nivel europeo. Amelia Pérez cre que a noticia é boa, pero que ela sería máis prudente e irase vende como vai evolucionando.
"Temos unha empresa construtora no sur, temos unha empresa construtora no norte e iso vai reforzar o papel de Galicia no sector do auto", destacou a secretaria xeral de CC.OO. de Galicia.
No tema de colaboración entre administracións é primordial para Comisións Obreiros, por iso Pérez congratúlase de que saiban recoñecerse uns e outros porque o obxectivo común é traer para Galicia a fábrica de SAIC.
Metal
Os sindicatos destacan que o "éxito" das folgas do metal na Coruña "obrigan" á patronal para negociar Os tres sindicatos con presenza na mesa do convenio colectivo provincial do metal da Coruña -CIG, UXT e CC.OO.- destacaron un "cambio de actitude" por parte da patronal tras o "éxito" do das xornadas de folga celebradas nas dúas últimas semanas. Na provincia de Pontevedra chegaron a un acordo, pero na Coruña hai unha nova reunión este martes.
"A raíz deses tres días houbo un cambio na actitude da patronal, estanse a producir unhas negociacións e varase se chegan a bo porto. Cando estamos nunha negociación ningunha das dúas partes vamos a conquerir os máximos, pero aos empresarios interésalles ter paz social", afirmou Amelia Pérez.
Educación
Xa para rematar, falouse sobre o novo paquete de melloras para Educación que será efectiva a partir de setembro.
"Son uns acordos moi importantes e para poder avanzar hai que ir conquerindo determinadas cuestións. Agora hai que cumprir eses acordos, implantalos e nós estaremos vixiantes", subliñou a secretaria xeral de Comisións Obreiras.