Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amazon O Porriño duplica o seu persoal polo Nadal

Amazon O Porriño duplica o seu persoal polo Nadal

Distribúense 30.000 paquetes diarios

Os traballadores de Amazon do Porriño ven un grande aumento do traballo na época do Nadal
G24.gal 13/12/2023 17:34

Dende o Black Friday ata despois de Reis, os traballadores de Amazon do Porriño viven a tempada con máis traballo que facer. Xa pola mañá, comeza o operativo encargado de distribuír 30.000 paquetes diarios, polo cal a empresa duplica o seu número de empregados e amplía os horarios nestas datas.

"Temos un sistema que optimiza os paquetes, para que o repartimento das furgonetas e o tratamento dos paquetes sexa o máis rápido posible. Entón, distribúense os paquetes en función do tamaño, peso e localización da entrega", Víctor Veiga, director da estación loxística de Amazon do Porriño.

Galicia é a sexta comunidade autónoma onde máis PEME venden a través de Amazon, o cal deriva na súa introdución no mercado internacional.

"A día de hoxe, o 80 % da nosa facturación depende de Amazon", destaca Ainara Costas, xerente de Nenel.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar