Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Reis Magos prepáranse para repartir os agasallos despois de percorrer toda Galicia

Os Reis Magos prepáranse para repartir os agasallos despois de percorrer toda Galicia

Os Reis Magos saúdan os nenos no porto de Ferrol Os Reis Magos saúdan os nenos no porto de Ferrol
G24.gal 05/01/2024 18:37 Última actualización 05/01/2024 21:29

Despois de percorrer en cabalgatas as sete cidades galegas, os Reis Magos prepáranse agora para visitar as casas deixando os seus agasallos.

Un séquito de 500 persoas acompañou a Melchor, Gaspar e Baltasar no seu percorrido polas rúas de Compostela. Desde cinco carrozas lanzaron milleiros de larpeiradas. Caras de ilusión, cadaquén buscando o seu rei favorito.

Os nenos coruñeses puideron gozar da cabalgata entre o barrio das Flores e a praza de María Pita. Elefantes, casiñas de xenxibre, bolboretas xigantes, fadas e trasnos quentaron o ambiente antes ata que chegaron as carrozas dos Reis cos agasallos que repartirán pola noite.

Cabalgata na Coruña Cabalgata na Coruña

Moita alegría tamén en Ferrol para recibir os Magos de Oriente. Música e danzas.

En Lugo a cabalgata rendeu tributo ao medio natural. Foi unha explosión de animais mariños e terrestres acompañando os Reis Magos. A temperatura non puido arrefriar o ambiente, pero a chuvia obrigou a reducir o percorrido. Non fora que se acatarrase algún neno antes de recibir os agasallos esta noite.

Cabalgata en Lugo

En Vigo, a chuvia demorou media hora os Reis, que tiveron que adiar o seu paseo nas carrozas reais inspiradas este ano no mar e na fantasía.

En Pontevedra usaron uns camións e canda eles, non fallaron os carboeiros e carboeiras para repartir o carbón a quen o merece.

Cabalgata ao seu paso por Pontevedra Cabalgata ao seu paso por Pontevedra

En Ourense agardábanos os seus dromedarios para pasara ponte romana.

Os Magos tamén chegaron a Ourense

En todas as cidades, no seu percorrido polas rúas agardábanos, nerviosos e expectantes, nenas e nenos acompañados de adultos que moitas veces parecían ter máis ilusión ca os cativos por ver os magos de Oriente.

Entre eles, moitos profesionais na captura dos miles de caramelos que guindan desde as carrozas, tarefa que nun día de chuvia como hoxe, favorecen moito os paraugas pero tamén valeron as simples bolsas da compra ou mesmo os barreños dos máis espelidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar