Cargando resultados...
Amancio Ortega entra no sector das enerxías renovables da man de Repsol
Investirá 245 millóns na explotación dun parque eólico en Zaragoza

Maite Teijido
11/11/2021 20:00
Amancio Ortega, o fundador de Inditex, entra no sector das enerxías renovables.
A súa empresa patrimonial, Pontegadea, asociouse co grupo Repsol para explotar un parque eólico na provincia de Zaragoza.
Ortega investirá 245 millóns de euros para tomar unha participación do 49 % do proxecto. É a primeira operación do fundador de Inditex, o home máis rico de España, no sector das renovables.