Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Ramón derruba a resistencia do Osasuna B e achega o Arenteiro ao 'playoff' (1-0)

Álvaro Ramón derruba a resistencia do Osasuna B e achega o Arenteiro ao 'playoff' (1-0)

O lateral convértese no heroe logo de anotar o gol do triunfo no treito final

Os de Javi Rey están en situación de soñar coa promoción de ascenso

G24.gal 17/02/2024 19:54

Arenteiro e o filial do Osasuna enfrontáronse nun partido moi importante para ambos. Os galgos buscaban engancharse á zona alta da táboa para poder soñar co playoff, mentres os de Pamplona querían afastarse un pouco máis do descenso.

A primeira parte non deu moito de si. Os primeiros minutos estiveron faltos de ritmo, no que foi un primeiro treito sen ocasións, ata que nun contragolpe o exdeportivista Svensson errou inexplicablemente diante do gardarredes. Foi a máis clara do primeiro acto, no que o Arenteiro dispuxo de dous achegamentos sen moito perigo. Así chegamos ao descanso.

Na segunda metade foi o Arenteiro o que levou a iniciativa, gozando agora si de algunha que outra ocasión. Pese a iso, o filial do Osasuna non sofreu en exceso, ata que pasado xa o minuto 70, Luis Chacón enviou o balón á cepa do poste ao culminar un gran contragolpe. Pouco despois, no minuto 82, Álvaro Ramón viu portería nun gran remate coa esquerda que foi imposible de deter o gardarredes. Coa vitoria no peto, os do Carballiño aguantaron o resultado e acadaron tres puntos de ouro.

Co triunfo, os de Javi Rey sitúanse momentaneamente a tres puntos de playoff, á espera do que faga o filial celeste, mentres o Osasuna B terá que mirar de esguello ao que fan os seus competidores pola permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar