Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alumnos dun colexio vigués representarán a Galicia na final estatal dun concurso europeo de deseño de satélites

Alumnos dun colexio vigués representarán a Galicia na final estatal dun concurso europeo de deseño de satélites

O do colexio Acacias-Montecastelo foi elixido o mellor proxecto galego do concurso CanSat, promovido pola Axencia Espacial Europea

G24.gal 10/05/2022 14:16

Un colexio de Vigo, o número un deseñando satélites. Alumnos do Acacias Montecastelo representarán a Galicia na fase final estatal do concurso CanSat, logo de ser elixido o mellor proxecto galego desta iniciativa promovida pola Axencia Espacial Europea.

O proxecto dos irmáns Pablo e Nicolás, Jon, José María e Gonzalo, impúxose aos deseños dos máis de 70 alumnos de 8 institutos galegos que participaron.

Os representantes galegos xa están estes días mellorando o deseño do minisatélite, do tamaño dunha lata, para representar a Galicia na final estata, que se celebrará en Granada neste mes de maio.

"Hoxe estamos xusto mellorando no CanSat e facendo probas cun novo paracaídas para que todo funcione correctamente o día da final. Aquí en Galicia a caída é cun dron e non sofre tanto, pero no nacional tírase desde un foguete a uns 120-150 quilómetros por hora, e cando sae o satélite frea en seco polo que o paracaídas ten que aguantar ese impacto, esa presión", explica o profesor do colexio Acacias-Montecastelo e coordinador do proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade