Cargando resultados...
Alumnos dun colexio de Redondela limpan a praia de Cesantes
Unha clase práctica, en contacto coa natureza, para tomar conciencia da necesidade de conservar o patrimonio natural.
G24.gal
15/03/2023 14:05
Nin ordenador nin apuntamentos. Tocaron luvas e bolsas. Alumnos de formación profesional dun colexio de Redondela cambiaron as aulas pola praia para levar á práctica o aprendido na clase recollendo o lixo na praia de Cesantes.
Coas bolsas cheas de plástico, cabichas, restos de aparellos e incluso de animais mortos, comprobaron por eles mesmos que é necesario seguir concienciando no respecto ao ambiente.
Poñer en valor o patrimonio natural da súa contorna é outro dos obxectivos dunha actividade que este colexio redondelán organiza dende hai cinco anos.