Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alugueiros turísticos de ata 4.000 euros por semana en Sanxenxo

Alugueiros turísticos de ata 4.000 euros por semana en Sanxenxo

Se nos desprazamos ata o interior da vila acadan 2.500 e 3.000 euros

As reservas de apartamentos superan xa o 50 por cento na costa de Galicia

G24.gal 25/05/2022 15:58

En Sanxenxo acádanse prezos realmente elevados. Ata 4.000 euros á primeira quincena de agosto e a segunda quincena de xullo, que son as máis caras, por un apartamento en primeira liña de praia.

Os prezos son máis económicos, un pouco, segundo nos desprazamos ata o interior da vila. Entre 2.500 e 3.000 euros. As reservas van de momento realmente ben. Aínda hai posibilidades de poder conseguir prazas, pero a estas alturas xa están reservados o 50 por cento dos apartamentos para o mes de xullo e o 70 por cento en agosto. 

O verán está xa aí e os máis previsores teñen feitas as reservas para desfrutar uns días de lecer nalgún lugar da costa. Os máis previsores e, segundo os casos, os que teñen mellor carteira. Porque dependendo do lugar, da proximidade á primeira liña de praia e das comodidades dos apartamentos, os prezos poden poñerse polas nubes. Como exemplo, Sanxenxo.

"Temos pisos de catro habitacións en primeira liña por 4.000 euros a primeira quincena de agosto", explica Esther Freijeiro, dunha inmobiliaria.

En zonas coma esta do Salnés este ano hai menos oferta. Moitos propietarios xa non alugan nos meses estivais. A pouco máis dun mes de comezar a temporada forte, en xullo as reservas están ao 50 por cento e en agosto ao 70.

Publicidade
Publicidade
Publicidade