Altimira: “Veño falto de minutos e con ganas de demostrar no Deportivo”
O lateral catalán debutou como branco e azul cunha actuación notable ante o Cádiz
Chega libre procedente do Vilarreal e asinou ata 2028
O Deportivo fortaleceu o seu lateral dereito coa contratación de Adrià Altimira ata o 2028. Chegou a pasada semana A Coruña e despois de completar media semana de adestramentos cos seus novos compañeiros debutou como branquiazul ante o Cádiz.
A súa estrea cos coruñeses foi esperanzadora sendo un dos xogadores máis destacados do encontro. Adrià Altimira, feliz pola súa chegada ao Deportivo, falou sobre a súa fichaxe e os seus primeiros días na Coruña.
“A verdade é que xa tiña ganas de participar co equipo. É certo que viña con falta de minutos no Vilarreal, pero tiña moitas ganas de demostrar á xente a oportunidade que me deu o Deportivo"
"Estou moi feliz de estar aquí e creo que iso se puido ver no terreo de xogo. Sentín con ganas, feliz e con ganas de achegar e axudar ao equipo en todo o que faga falta”.
Formado na canteira do F. C. Barcelona, pasou polo NK Lokomotiva croata, VDE Melilla e F. C. Andorra antes de chegar á canteira do Vilarreal Cf. O seu currículo complétao unha tempada cedido no C. D. Leganés en LaLiga EA Sports baixo a batuta de Borja Jiménez.