Publicador de contidos

Publicador de contidos

Altercados tras as noites de marcha en Cangas

Altercados tras as noites de marcha en Cangas

Piden máis presenza policial nas zonas de copas

G24.gal 08/04/2022 13:41

Impresionantes imaxes da fin de semana pasada captadas por un veciño da avenida de Marín en  Cangas. Dous mozos bailando sobre unha furgoneta con altofalantes a todo volume. A maioría dos conflitos prodúcense cando os locais de lecer pechan. Estes mozos foron identificados pola Garda Civil. 

Moitos dos veciños afectados teñen reparo en falar coa prensa. Non é o caso de Cristina, que vive nun primeiro e ten que durmir con tapóns.  Ás veces os mozos estragan elementos do portal e polo día tamén aturan música e os ruídos dun ximnasio.

Os empresarios da noite tamén están preocupados por esta situación, que case sempre se produce nas inmediacións dos seus locais. Levan anos pedindo control policial na zona de copas.

O responsable da Sala Clip, que leva traballando na noite máis de trinta anos, ten un amplo equipo de seguridade de cinco persoas cada noite para evitar molestias aos veciños, pero non poden controlar o que ocorre cando pechan os locais.

Desde o Concello de Cangas xa estudan implementar unha quenda de noite na Policía Local para non deixar todo o control da noite á Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar