Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alta demanda de lentes para ver a eclipse solar do verán de xeito seguro

Alta demanda de lentes para ver a eclipse solar do verán de xeito seguro

O vindeiro 12 de agosto haberá unha eclipse total, a primeira en máis dun século

Unha óptica de Santiago recibe pedidos a diario, algúns de miles de unidades personalizadas

Hai filtros para cámaras e telescopios, e mesmo prismáticos especiais que só valen para mirar o sol

G24.gal 18/01/2026 16:25 Última actualización 18/01/2026 16:52

A última eclipse solar que se viu desde Galicia foi en marzo do ano pasado. Unha eclipse parcial. O próximo 12 de agosto acontecerá unha eclipse total, a primeira en máis dun século.

En plena tarde, farase de noite. Hai tanta expectación que as ópticas non paran de recibir pedidos de lentes protectoras.

"As lentes teñen que ser homologadas, cumprir a norma ISO e certificadas pola Unión Europea coas letras CE. Hai diferentes modelos pero a protección en todos eles ten que ser a mesma, que podas mirar polo anteollo ao sol sen perigo", explica José Suárez, encargado da sección de astronomía de Óptica Val.

Neste establecemento de Santiago levan vendido varias miles de lentes de eclipse nos últimos meses. E teñen encargos grandes de empresas para personalizalas, coma estas para a Galega e outras para un banco de Zaragoza.

"Eu recomendo mirar un pouco, como un minuto, descansar o ollo, mirar en intervalos. Os nenos tamén teñen que usar estas lentes. Os nenos moi pequenos son moi curiosos. O seu ollo está en crecemento e é moito máis sensible á cantidade de luz e pode danarse moito máis fácilmente", advirte José Suárez, encargado da sección de astronomía de Óptica Val.

A xente que usa telescopios ou que estean interesados en fotografar a eclipse debe saber que hai filtros para acoplar a estes aparatos. E tamén prismáticos especiais que só valen para mirar o sol.

"Estes filtros o que fan é reducir a entrada da radiación para non queimar a retina nin o aparello polo que estas observando. Estes aparellos levan lentes que son coma lupas. Se miras a través desa lupa, a radiación éntrache no ollo, como cando eramos cativos poñiamos a lupa entre o papel e o sol queimaba o papel. Ese efecto sería o mesmo no ollo", aclara José Suárez, encargado da sección de astronomía de Óptica Val.

A eclipse tamén se pode observar indirectamente, e sen ningún perigo, a través dunha proxección. As lentes son reutilizables, se se gardan con coidado de non raialas, para a eclipse do ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade