Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alonso é segundo e Sainz terceiro nos adestramentos no Canadá

Alonso é segundo e Sainz terceiro nos adestramentos no Canadá

G24.gal 19/06/2022 13:26

Na Fórmula un, onte os pilotos españois acadaron algo histórico. Por primeira vez, colocáronse os dous entre os tres primeiros da grella de saída.  Foi nunha cualificación do Gran Premio de Canadá pasada por auga, aínda que as condicións foron mellorando co paso dos minutos, e acabou formándose un carril seco polo que Verstappen conseguiu o mellor tempo. Foi o único mellor que un Fernando Alonso espectacular, que sairá de segundo grazas a unha volta sete décimas máis lenta ca do campión. Na terceira praza, ben preto do asturiano, cualificou Carlos Sainz, tamén moi fiable baixo a chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos