Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta asegura que Santiago non presentou a documentación para ser zona tensionada

A Xunta asegura que Santiago non presentou a documentación para ser zona tensionada

Segundo a Xunta, o Concello non atendeu á petición de achegar máis papeis

O Concello di que ningunha decisión avala rexeitar a solicitude 

G24.gal 06/08/2025 12:25

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, confirmou que foi ela a que contactou coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para falar sobre o tema da declaración de Santiago como zona tensionada de vivenda.

Allegue sinalou que non presentaron a documentación requirida, pois, segundo ela, tras os primeiros documentos enviados polo Concello, envióuselle un requirimento para achegar máis papeis, como estableceron os técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Con isto, o Concello non atendeu á petición, dando por desistido o procedemento, dando como motivo que se limitaron a proceder cun trámite procedente ao non poder opoñer excepción unha normativa aplicable.

"O que non podemos é opoñer excepción unha normativa aplicable. Terán que atender ese requirimento", engadiu Allegue.

Desta maneira, afirmou que se Santiago quere ser zona tensionada, debe presentar a documentación correcta.

A conselleira apostilou que o Concello tiña 30 días para achegar os devanditos papeis, polo que ela mesma contactou coa alcaldesa e os técnicos do IGVS cos profesionais municipais, pero non achegaron a documentación.

O Concello afirma que recorrerán a decisión

O concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, subliñou que ningunha decisión técnica ou xurídica avala que a Xunta rechazase a petición do Concello.

Dende o consistorio compostelán non comparten a decisión da Xunta e recorrerán á mesma.

"Faremos todo o necesario para desbloquear unha situación que non provocou o Concello de Santiago", reiterou.

Destacan a diferenza do trato da Xunta co Concello de Santiago e ao da Coruña, que é a única cidade de Galicia declarada mercado tensionado de vivenda.

O concelleiro insiste en que a situación política é diferente, pois o goberno da Coruña encabézao o PSOE e o da capital polo BNG.

Lestegás incidiu en que en ambas as cidades se cumpren os requisitos para que se declaren  zona de mercado tensionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade