Alivio pola detención de quen supostamente colocaba alfinetes en cebos para cans en Ourense
O arrestado pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade, pero investigado por un delito de maltrato animal
Na súa vivenda atopouse mortadela e paté para cans e caixas de alfinetes
A Policía Nacional, a Local e a Garda Civil levaban dende o 2017 tras a súa pista. Esta fin de semana pillárono na allada colocando unha vintena de cebos nun parque do barrio do 21.
No rexistro do seu domicilio, atoparon mortadela e paté para cans, caixas de alfinetes e unha máquina de escribir desde a que mesmo chegou a enviar presuntamente cartas ameazantes a persoas defensoras dos animais.
O arrestado pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade, pero en condición de investigado por un suposto delito de maltrato animal.
Os donos de cans, amedrentados dende hai anos con estes feitos, están hoxe un pouco máis tranquilos.
Unha cadela de raza labrador de oito anos, que este luns paseaba este luns á mañá por un parque da cidade, puido sobrevivir, pero a inxestión a principios de ano dun deses cebos para cans provocoulle feridas moi graves das que tivo ser operada de urxencia.
Rita foi unha das persoas que presentou unha denuncia, alégrase de que por fin puideran deter o presunto autor de colocar estas trampas mortais para cans.