Cargando resultados...
Alexia Putellas pide "respecto" para o fútbol feminino
"O noso traballo está dentro do campo, non investindo enerxías fóra do terreo de xogo", comentou a dobre gañadora do Balón de Ouro
G24.gal
29/08/2023 20:58
Este martes tamén falaron Alexia Putellas e Irene Guerrero, dúas das campioas do mundo coa selección española. Todas queren o mesmo: piden respecto. A dobre Balón de Ouro e xogadora do Barcelona falou para o medio mexicano TUDN.
Alexia Putellas
"O noso traballo está dentro do campo, non investindo enerxía en xuntanzas fóra do campo".
"Queremos deixar ese legado para as vindeiras xeracións".
Irene Guerrero
"O foco ten que estar no trofeo e nas portas que acabamos de abrir".
"Se se soña en grande, podemos facer realidade eses soños".