Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Martín, presentado como novo xogador do Rácing

Álex Martín, presentado como novo xogador do Rácing

O xogador chega cedido polo Elche ata final de tempada e reforza a liña defensiva dos ferroláns

Amósase optimista co que pode facer este equipo, do que destaca a unión que se transmite

G24.gal 17/01/2024 14:03

Álex Martín xa é novo xogador do Rácing de Ferrol. O que foi xogador do Celta B na tempada 2021/2022 reforza a liña defensiva do equipo de Ferrol. Chega en calidade de cedido procedente do Elche, no que non rematou de ter continuidade tras unha lesión ao inicio de competición.

Ven coa etiqueta de gran central para a categoría tras o gran nivel que amosou o ano pasado nas filas do Mirandés. Tanto el como o propio club están moi satisfeitos da súa incorporación e mostranse ilusionantes co nivel que pode ofrecer o central canario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade