Cargando resultados...
Álex Marque despídese do ciclismo con 40 anos
Marcha cunha volta a Portugal no seu palmarés e 18 edicións disputadas

G24.gal
15/08/2022 18:04
Última actualización 15/08/2022 18:09
Na etapa raíña da Volta a Portugal protagonismo para o estradense Álex Marque. Estivo na pelexa pola etapa con final na Señora da Graca. Pero alí os dominadores foron os ciclistas do Glassdrive portugués. Antonio Carvallo gañou a etapa a carón dos seus compañeiros Figueiredo e Mauricio Moreira. O uruguaio é o favorito na crono desta tarde en Vila Nova de Gaia.
Está a sete segundos do seu compañeiro Frederico Figueiredo. Marque rematou na cuarta praza da etapa e é quinto na xeral. Hoxe despídese do ciclismo con 40 anos, cunha volta a Portugal no seu palmarés e dezaoito edicións disputadas.