Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López: "O Rácing, máis cedo que tarde, pelexará por subir á máxima categoría"

Álex López: "O Rácing, máis cedo que tarde, pelexará por subir á máxima categoría"

"Non se cando me retirarei, o que si sei é que o Rácing será o meu último club", asegura o xogador

G24.gal 19/12/2023 14:11 Última actualización 19/12/2023 15:39

Álex López é o capitán do Racing, o líder do equipo, tanto dentro como fora do campo. Esta tempada tocoulle xogar un rol ao que non está afeito, ver moitos partidos desde o banco, aínda que o asume con normalidade e prepárase a conciencia para cando teña que saír ao campo, axudar ao equipo en todo o que sexa posible.

Asegura que, de momento non se expón a retirada, aínda que asume que é duro xogar moi pouco. Esta tempada apenas disputou 246 minutos na liga nos 20 encontros disputados:

"A retirada é algo no que aínda non pensei. Non se cando me retirarei, o que si sei é que o Rácing será o meu último club", asegura o xogador.

É dicir, todo dependerá de que ao final de tempada o Rácing quere seguir contando con el. Cristóbal, o técnico racinguista, desfíxose en eloxios cara ao xogador, ao que cualificou de líder dentro e fóra do terreo de xogo. O xogador gañouse o respecto do vestiario.

"O vello é o que máis partido disputou na Primeira División deste vestiario", sinala Álex, quen agradece as palabras de Cristóbal Parralo.

Para o ferrolán hai un equipo de luxo, cunha enorme calidade. Gustaríalle xogar máis, aínda que entende que todo o mundo quere xogar e que os que saltan ao terreo de xogo están a facelo de marabilla aínda que matiza que no Rácing.

"Xogue quen xogue faio ben e o equipo sempre rende a un gran nivel". Está orgulloso deste Rácing e do apoio da afección, a cidade e a comarca ao equipo. 

Como ferrolán e como racinguista, entende que aspirar á Primeira División é un soño, esa espiña cravada no corazón de todos os racinguistas.

"O que teño claro, di o ferrolán, xa que así o manifestaron os propietarios, é que este club, máis temperán que tarde, pelexará por subir á máxima categoría".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade