Cargando resultados...
Álex Hernández fai un chamamento á serenidade ante a ilusión do tsunami laranxa
Álex Hernéndez: "Se sacas peito, a LEB Ouro dáche unha labazada e quedas bloqueado"
G24.gal
04/04/2024 11:11
Última actualización 04/04/2024 11:23
Quedan sete partidos de liga regular na LEB Ouro. Este sábado chega o duelo de rivalidade COB Ourense-Leyma. O equipo de Diego Epifanio defende o liderado no Paco Paz antes de recibir o Tizona Burgos en Riazor.
O Leyma supera nun triunfo o cadro burgalés, pero o capitán Álex Hernández fai un chamamento á serenidade.
"Só pensamos en Ourense".
"Hai unha persoa na LEB Ouro que acostuma a dicir: se sacas peito, a LEB Ouro dáche unha labazada e quedas bloqueado".
Haberá desprazamento de afeccionados do Leyma que soña co ascenso á ACB. A ilusión move o tsunami laranxa.