Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álex Bergantiños deixa o fútbol e convértese en lenda do Deportivo

Álex Bergantiños deixa o fútbol e convértese en lenda do Deportivo

O capitán do Deportivo retírase despois de xogar 336 partidos como deportivista

G24.gal 27/06/2023 14:20 Última actualización 27/06/2023 14:28

Álex Bergantiños deixa o fútbol. A bandeira do Deportivo dos últimos anos é moito máis que un xogador de fútbol.

Vaino facer coa disputa do Teresa Herrera. Pero seguirá no Deportivo. É unha necesidade para o Deportivo que permaneza na entidade.

Para superar os 327 partidos de deportivista, e agora marcha con 336, Álex Bergantiños tivo que traballar duro nunha marea de alegrías escasas e decepcións redundantes. Tocoulle unha mala época, e forxou o seu carácter entre descensos e ascensos frustrados.

A afección, esa coa que se atopou con 26 anos, por fin abertas as portas do Deportivo. Xogou os 42 partidos da liga 2011-2012 que devolveu os coruñeses a primeira. O mellor momento de branco e azul, xunto á volta do 2014, dun futbolista teimudo que nunca cedeu ao fastío de ver como valoraban máis o de fóra ca o da dentro.

A tanto chegou a súa integridade que naquel infausto episodio do Fuenlabrada, en plena pandemia e por defender o club, acabou na comisaria. Puxeron en cuestión a súa decendia e tivo que retrucar cunha denuncia cruzada por detención ilegal. Un carácter digno, amigo inquebrantable dos seus, calado pero exhaustivo nos esforzos, Bergantiños muda agora o campo pola oficina para seguir lotando, comprometido, por un equipo polo que tantas veces xogou a tranquilidade, e nalgunha que outra, mesmo a cara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos