Alertan dun falso certificado europeo nun test de antíxenos
O test, da marca CoviSelf, está fabricado na India
A Axencia Española do Medicamento informa da existencia dun test de antíxenos que leva un certificado comunitario falso. A alerta deuna Polonia xa que o certificado figura como emitido por ese país, algo que non é certo.
O test, da marca CoviSelf, está fabricado pola compañía india MyLab. O certificado falso detectado corresponde a referencia 1434-IVDD-648/2022
As autoridades lembran que en España só está autorizada a venda de tests de antíxenos nas farmacias e que non se deben adquirir por outras canles.
Hai varias semanas a Axencia do Medicamento retirou do mercado varios lotes de test de antíxenos doutra marca que daban falsos positivos. Posteriormente comprobouse que algunhas das partidas se estaban vendendo en supermercados de Portugal.