Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta por seca en Ribadavia, con catro horas e media de abastecemento o día

Alerta por seca en Ribadavia, con catro horas e media de abastecemento o día

O río Maquiáns, do que fan captación, apenas leva auga e tiveron que empezar a collela do Avia

A vila consome un millón de litros de auga ao día

G24.gal 14/08/2022 15:17 Última actualización 14/08/2022 15:48

En Ribadavia hai auga dúas veces ao día. Cada vez que se realiza unha destas aperturas consómense 500 mil litros.  Cos depósitos baleiros e as captacións coma a do Maquiáns  practicamente secas, a situación din, é crítica. Os camións cisterna énchense sen descanso no río Avia. 

"Estanse enchendo continuamente, está entrando un camión e saíndo outro... Máis ou menos dependendo do camión nuns trinta minutos está o camión cheo, un camión de 25.000 litros." Explica Óscar Rodríguez, de Protección Civil de Ribadavia.

Ademais hai 33 puntos de repartición de auga non potable na vila para uso doméstico, tamén auga embotellada a disposición dos veciños que se pode recoller na empresa concesionaria. Só na última semana repartiron 2.200 litros. A gravidade da situación levou o concello a declarar o plan de emerxencia e a alerta por seca.

"Nós o que intentamos é subministrar a través das levadas e do regato Maquiáns o pouco que entra, pero que sexa constante, que non dea baixóns, e o mesmo tempo reforzar a través destes vehículos, que non resolven o problema pero manteñen o paciente crítico pero estable." Di Brais Fidalgo, portavoz do concello de Ribadavia.

Hai preocupación nos hostaleiros e certa sorpresa entre os moitos turistas que visitan a vila.

"Tivemos que recoller auga en potas e felizmente co tanque que temos puidemos solucionar, pero se vén unha festa dentro de pouco preocúpanos iso."

"Dixéronnos que levan toda a semana sen auga e que fan os cafés con garrafas de auga."

"Fomos almorzar a un bar e non puidemos acceder ao baño porque estaba pechado por falta de auga."

Os veciños din que non lembran unha situación semellante.

"En sesenta e tantos anos non recordo eu algo así. A xente está pasándoo moi mal, afortunadamente nós tiñamos pozo de antes e ímonos amañando pero si, é un problema gordo, gordo."

Comezaron xa os traballos para instalar unha captación provisional con dous quilómetros de tubaxes no río Avia. Unha obra que confían consiga dar un respiro á veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos