Cargando resultados...
Alemaña estuda a posibilidade de reabrir os centros de vacinación polo aumento de contaxios
A medida prodúcese por mor do estancamento do ritmo de vacinación no país

G24.gal
02/11/2021 12:57
Alemaña estuda a posibilidade de reabrir os centros de vacinación para administrar de xeito masivo a terceira dose que permita frear o aumento dos contaxios.
A medida prodúcese por mor do estancamento do ritmo de vacinación no país, que non chega ao 67 % da poboación, a pesar dos chamamentos da Administración para vacinarse. O país supera os 153 casos por cada cen mil habitantes, cando hai só unha semana estaba en 110.