Alcoa parou a metade das cubas da fábrica de San Cibrao
Prevé completar o apagón das 512 cubas en dúas semanas
O persoal agarda avances esta semana no plan de investimentos para a factoría
Alcoa cumpre o calendario previsto e rematou xa a parada da primeira serie de cubas en San Cibrao. Foron 24 por día.
Os traballadores, que deran o visto e prace á proposta de futuro da empresa, afrontan este proceso con resignación pero tamén con esperanza.
Agardan boas novas en poucos días en canto ao fondo de 103 millóns de euros en investimentos anunciados por Alcoa para modernizar a fábrica antes de retomar a produción.
A apagada vaise completar en dúas semanas e desde ese momento España deixará de producir aluminio primario.
Polo menos ata 2024, data en que Alcoa promete poñer de novo en funcionamento as cubas.
Mesmo hai quen cre que podería facelo antes se consegue un prezo máis competitivo na enerxía que precisa para producir.