Alcoa chega a un acordo con Endesa para a subministración do 32 % da electricidade
Alcoa chega a un acordo con Endesa para a subministración do 32 % da electricidade
A este convenio hai que engadirlle o xa acadado con Greenalia
A eléctrica pide axilidade na aprobación dos parques eólicos que abastecerán a fábrica
Desde a Xunta reclaman ao Goberno que fixe un marco enerxético estable para as electrointensivas

Alcoa chegou a un acordo con Endesa para o abastecemento eléctrico da planta de San Cibrao.
O acordo apuntala a reapertura da factoría en 2024, xa que permitirá subministrar o 32 % da enerxía necesaria a un prezo competitivo.
A este convenio hai que engadirlle o xa cerrado con Greenalia, e entre os dous abranguen o 75 % da electricidade que consome a planta de San Cibrao.
Con todo, a multinacional segue reclamando cambios no marco enerxético español.
O comité de empresa amósase esperanzado.
A eléctrica pide axilidade na aprobación dos parques eólicos que abastecerán a fábrica.
Este venres o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, pediulle ao Goberno máis implicación nestas tramitacións e que regule o prezo da enerxía das electrointensivas.
"Que impulse a tramitación dos parques que son da súa competencia e que amplíe o prazo da declaración de impacto ambiental para que estes parques se poidan tramitar e que se defina definitivamente o marco enerxético que permita que empresas electrointensivas poidan ter un prezo competitivo", dixo Francisco Conde.