Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz tritura a Otte e xogará os oitavos de Wimbledon por primeira vez

Alcaraz tritura a Otte e xogará os oitavos de Wimbledon por primeira vez

O murciano amosou a súa mellor versión e non lle deu opcións ao rival

Na seguinte rolda medirase co italiano Jannik Sinner

EFE
G24.gal 01/07/2022 19:08 Última actualización 01/07/2022 19:56

Carlos Alcaraz avanza con paso firme en Wimbledon.

O tenista murciano desfíxose esta tarde de Otte nun partido moi solvente que apenas chegou ás dúas horas e que resolveu cun 3-6, 2-6 e 1-6. Oscar Otte non dispuxo de opcións.

Foi, sen dúbida, a mellor actuación de Alcaraz esta semana.

O español gaña confianza e métese por primeira vez en oitavos de final do torneo londiniense. Alcaraz convértese no xogador máis novo que alcanza a cuarta rolda. 

O seu rival nesa fase será o italiano Jannik Sinner, a quen derrotou no seu único enfrontamento ata o de agora.

Foi no Masters 1.000 de París en 2021. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos