Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albés: "Depender de nós cando faltan cinco xornadas é marabilloso"

Albés: "Depender de nós cando faltan cinco xornadas é marabilloso"

Albés só ten a dúbida de Lebedenko

G24.gal 29/04/2022 12:44

Rubén Albés compareceu ante os medios na previa do partido fronte ao Tenerife. O técnico valoraba a situación do bloque en portas do choque ante o mellor visitante da categoría.

Para o preparador vigués, a clave reside na capacidade do Lugo para poñer en valor todo o exposto durante unha campaña moi meritoria, que ten a súa primeira oportunidade de culminación este próximo domingo en casa:

"Temos que ser un parafuso nas súas debilidades. Queremos conseguir a permanencia polos nosos medios esta xornada"

"Poder depender de nós, cando faltan cinco xornadas, é marabilloso. Hai que valorar esta situación, e imos buscar o noso obxectivo, como sempre"

"As características do C. D. Tenerife son coñecidas. Hai que mirar cara ao noso, ao que conseguimos. A nosa dinámica en casa, a nosa fortaleza. Ese é o enfoque, podemos gañar ao rival, iso é o que me interesa"

"Buscaremos marcar o ritmo, e incidir nas súas debilidades. Temos que ser conscientes das súas virtudes á contra e ao balón parado. Minimizar as súas opcións, e condicionar o partido. Iso achegaranos aos 3 puntos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar