Alberto Abalde queda descartado para xogar o Mundial de baloncesto
Scariolo confirmou os tres xogadores que quedan fóra da lista definitiva: Sebas Sainz, Pradilla e o aleiro galego

Sergio Scariolo confirmou a lista definitiva de xogadores que irán ao Mundial de baloncesto. No último corte quedou descartado o aleiro galego Alberto Abalde, que non estará entre os elixidos, ao igual que Sebas Sainz e Pradilla.
Na lista definitiva hai unha dúbida pola lesión de Alberto Díaz. Se non pode estar o xogador de Unicaja sería substituído por Jaime Fernández. Os que seguen son: Llull, Abrines, Brizuela, Rudy, Parra, Claver, Juancho, Aldama, Willy e Garuba.
Malia non ter minutos esta temporada no Real Madrid Scariolo non dubidou en chamar a Abalde polas súas boas prestacións físicas e defensivas. Participou nos amigables e estivo ata a última escolla pero acabou quedando fóra.
📹 El Coach @sergioscariolo da a conocer la lista de jugadores de #LaFamilia para la #FIBAWC 👍#SomosEquipo pic.twitter.com/9x09qG00GA
— Baloncesto España (@BaloncestoESP) August 19, 2023