Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ruben Albés reencóntrase coa Ponferradina

Ruben Albés reencóntrase coa Ponferradina

O técnico vigués debutou xusto fai unha volta contra a Ponferradina
G24.gal 06/11/2021 13:56

Vinte e un partidos pasaron desde que Rubén Albés iniciara a súa etapa no Lugo ante a Ponferradina. O técnico fixo balance deste período antes do reencontro.

Rubén Albés. Adestrador do C.D. Lugo: "Números positivos porque estamos en permanencia e, sobre todo, porque estamos en números de conseguir a salvación".

O Anxo Carro recupera os afeccionados para este denominado derbi dos Ancares, algo que non sucedía desde setembro de 2019. Consciente da importancia do encontro, Albés aproveitou para alentar as masas.

Rubén Albés. Adestrador do C.D. Lugo: "É o partido máis difícil que xogamos como locais ata agora e para iso está a xente. Creo que a xente se sente identificada co que fai o equipo, creo que a xente se puido ir orgullosa, penso que todos os partidos, orgullosa e entretida, porque creo que estamos a ser atractivos na casa. Polo tanto, canto máis difícil é o reto, máis necesitamos a xente".

A Ponferradina chega a esta partido en postos de promoción, tras sumar catro dos últimos seis puntos en xogo. 

En fronte estará un Lugo que vén de tres encontros sen gañar, pero que semella terlle tomada a medida na casa aos bercianos, aos que derrotou a pasada temporada cun gol de Hugo Rama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar