Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alarma por un incendio que afectou a zona interior dun antigo restaurante de Ourense

Alarma por un incendio que afectou a zona interior dun antigo restaurante de Ourense

Todo quedou nun susto pero os veciños reviviron a angustia do lume que hai tres meses calcinou un edificio abandonado situado a tan só uns metros

G24.gal 04/09/2026 17:26

Susto no barrio ourensán da Ponte por un incendio nun antigo restaurante que leva seis anos pechado. As lapas comezaron nuns restos de poda e afectaron ao xardín interior.

A rápida intervención dos bombeiros evitou que as lapas se estenderan máis alá do xardín.

Todo quedou nun susto pero os veciños reviviron a angustia do lume que hai tres meses calcinou por completo un edificio abandonado situado a tan só uns metros e onde aínda continúan a traballar.

As forzas de seguridade investigan o acontecido. O emblemático restaurante pechou as súas portas definitivamente en 2020. Dende entón o edificio está sen uso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade