Cargando resultados...
Un incendio consome un dúplex en Ourense
Polo de agora non se sabe de danos persoais
G24.gal
03/09/2026 17:27
Os bombeiros de Ourense traballan este xoves na extinción dun incendio que se declarou na Estrada da Granxa.
O incendio comezou pouco antes das tres da tarde. Foi un particular o que alertou de que vía lapas no edificio.
Polo de agora descoñécense as causas do incendio, pero todo parece indicar que o lume comezou nun cuarto da vivenda.
Tampouco se sabe de danos persoais.