Investigan un incendio nun piso de Ferrol tras verter a propietaria aceite nas zonas comúns do edificio
Investigan un incendio nun piso de Ferrol tras verter a propietaria aceite nas zonas comúns do edificio
Todo apunta a que foi provocado pola propietaria
Localizáronse varios focos e aceite nas portas dos veciños
Eran as oito da mañá cando un veciño detectou unha gran fumareda saíndo deste piso do barrio ferrolán de San Pablo.
"Avisounos un chico que facía deporte na rúa, os veciños saímos e xa vimos o fume e toda a escaleira chea de aceite. Foi botando aceite en todas as nosas portas. Eu diría que foi un intento de homicidio".
A dona da vivenda non estaba no momento do incendio. Pero o lume tiña varios focos e o aceite estaba por todas as portas do edificio. Por sorte, non houbo danos persoais. Pero neste bloque están preocupados.
"A moza que vive no segundo escoitouna dicir que nos ía poñer unha bomba, a queimarnos a todos. É un problema convivir con algúen así no edificio. Eu vivo coa miña filla, a miña sobriña e un bebé de tres meses".
Piden que alguén se faga cargo de axudar esta muller que, segundo din, ten problemas de saúde mental.
"Que tomen medidas e a traten e cando regrese que sexa porque está ben ou supervisada en todo momento por alguén, porque ela vive soa e xa intentou esta vez...".
A Policía Científica examinou a vivenda na busca de indicios que axuden a esclarecer o sucedido e determinen se, tal e o como sospeitan no edificio, foi un incendio provocado pola súa propia veciña.