Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alarma no barrio ourensán da Ponte por unha vaga de roubos nos comercios

Alarma no barrio ourensán da Ponte por unha vaga de roubos nos comercios

Piden máis vixilancia policial para controlar esta vaga de roubos nun barrio que din que sempre foi moi tranquilo

Roubaron cartos da caixa rexistradora nunha froitería, levaron tamén mel e marmeladas

Nesta froitería xa roubaron polo menos catro veces nos últimos meses
G24.gal 19/06/2023 14:32

Nunha froitería situada na rúa San rosendo, no barrio ourensán da Ponte nas últimas dúas semanas xa lle roubaron dúas veces. Nunha delas forzaron a pechadura e levaron os cartos que a dona deixara pola mañá na caixa rexistradora, uns 370 euros.

Tamén roubaron e intentaton roubar noutras dúas tendas en rúas lindeiras a esta. Son pequenos roubos, pero hai preocupación entres os comerciantes e a veciñanza do barrio da Ponte, porque din que nos últimos meses hai máis roubos e que a xente se sente máis insegura.

A plena luz do día están roubando nas tendas e comercios do barrio ourensán da Ponte, nas rúas lindeiras coa estación intermodal de autobuses e tren. 

"Fomos comer, deixei os cartos na caixa, porque non te imaxinas que che veñen roubar ao mediodía, e chamáronme ás cinco da tarde que cortaran a pechadura e roubaron a caixa. Máis ou menos levaron 370 euros, en billetes e non sei o que habería en moedas", conta a dona da froitería, Fina López.

"Hai ultimanmente bastentes roubos proque aquí", asegura unha veciña. 

Na froitería levaron cartos. E cartos tamén lle pedían á dona desta mercería, nun intento de roubo. 

"Estaba dentro e entrou un mozo e quería a caia rexistradora, e isto como é moi tradicional non teño caixa e ao final estiven razoando con el, e non levou nada", conta a dona da mercería Olga Vázquez.

No último roubo levaron 370 euros da caixa rexistradora. No último roubo levaron 370 euros da caixa rexistradora.

Botes de mel e botes de marmeladas tamén roubaron esta semana. Son pequenos furtos e roubos continuos que teñen preocupados os comerciantes e tamén a veciñanza. 

"Si que estamos preocupados porque ultimamente anda certa xente descoñecida no barrio, xente que che pide de malas maneiras, que te insulta...", di Marcos Manso, outro comerciante ao que lle roubaron no barrio ourensán da Ponte. 

"A situación como non a controlen, vemos que día a día vai a peor", apunta Olga Vázquez. 
"Creo que desde que veu a AVE hai máis delincuencia", asegura unha veciña. 

Piden máis vixilancia policial para controlar esta vaga de roubos nun barrio que din que sempre foi moi tranquilo. 

"Agora xa temos que baixar as persinas ao mediodía por medo a que rebenten a pechadura. Faise moi duro, a parte colles medo", di a dona da mercería Pili. 

"Máis vixilancia máis control". "Hai bastante xente que se ve que non é habitual. "Aparece a cristaleira cuspida, pintadas, rascadas... por favor, unha polícia de proximidade, un par de veces por semana, identificar a xente...".

"Se é que é xente que vén de fóra, poi é unha pena, porque viviamos moi tranquilos ata agora e queriamos seguir vivindo", afirma un veciño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade