Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aínda que é moi usada por todos, a palabra riquiño -iña non é galega

Aínda que é moi usada por todos, a palabra riquiño -iña non é galega

A RAG di que un castelanismo innecesario que, ademais, non tería o significado real que nós lle damos

G24.gal 27/09/2022 14:03

Somos moitos e moitas os que empregamos a palabra riquiño, pero saiban que non é unha palabra galega.

A Real Academia Galega di que por moito que lle poñamos o sufixo -iño ou -iña é un castelanismo que non ten o significado que lle queremos dar de xeitoso ou simpático.

"Utilízoo cando unha persoa é agradable ou agarimosa", dinos un cidadán. RiquiñoRiquiña. Unha palabra moi empregada por moitos de nós para describir alguén xeitoso, feitiño, amable ou simpático. Mesmo é unha das máis coñecidas e identificadas polo resto dos españois como propias do noso idioma. Pero resulta que non.

"Sorprendeume. Eu pensaba que si. Pero por outro lado xa se pode sospeitar que rico ten outro significado e riquiño, obviamente, é un derivado de rico".

Efectivamente. Segundo a Real Academia Galega, é unha palabra pseudogalega que se forma a partir do castelán rico e que non ten o significado real que nós lle damos. Un castelanismo innecesario que deberiamos evitar.

Manuel González, director do Dicionario da RAG, di que non hai que fomentar o seu uso, pero si a sociedade continúa utilizando a palabra chegará un momento no que a Real Academia teña que admitir a evidencia que forma parte da nosa lingua.  

O que debemos preguntarnos é: realmente necesitamos seguir empregando esta palabra?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade