Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agosto xa non é o mes favorito para as vacacións

Agosto xa non é o mes favorito para as vacacións

Este ano só o 35 % dos españois colleron neste mes o seu período de descanso estival

G24.gal 04/08/2025 13:49

Era o mes por antonomasia de vacacións porque ademais dos colexios tamén paran algunhas empresas e servizos, pero este ano, cos datos de Observatur para toda España, agosto -que en 2025 foi elixido como mes de vacacións por un 35 % dos españois- apenas supera a xullo nun punto. É a segunda vez que baixa do 40 % en cinco anos. Desde as axencias pensan que poden estar a influír factores económicos.

"De feito, este ano houbo unha alza de prezos considerables. E estase falando moito de masificación en determinadas zonas e iso tamén inflúe na decisión final de moitas familias", explica Juan Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes

Mesmo así, explican as axencias, este e o gran mes dos destinos de praia e tamén das grandes viaxes. 

"Véndense moitos tipo de viaxes, a Europa, de cruceiros, de sol e praia, e tamén grandes viaxes a Asia, por exemplo", dixo Juan Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes

Agosto baixa un 5 % co respecto do ano pasado, pero os datos interanuais amosan sobre un 10 % de crecemento do sector, tanto se falamos dos destinos dos galegos, como dos que escollen Galicia como destino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade