Cargando resultados...
Agóchase tras a barra do bar ao ser sorprendido pola policía roubando
Aconteceu nun local de Vigo, e o autor dos feitos é un vigués de 32 anos

G24.gal
13/04/2023 11:53
Un home de 32 anos foi detido como presunto autor dun roubo nun bar en Vigo. O curioso é que tratou de agocharse e disimular cando os axentes o colleron en plena acción.
Un particular alertou a policía ao ver un intruso entrando no local. Ao chegar os axentes, viron as portas do bar forzadas.
Ante a sospeita de que o ladrón seguía dentro, revisaron o espazo coas lanternas. Atoparon o home, veciño de Vigo, agochado detrás da barra. El alegou que xa atopara a porta aberta. Unha versión que a policía non deu por boa, xa que ao seu carón tiña varias ferramentas, incluída unha panca de metal que presuntamente puido empregar para forzar a entrada.