Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agasallar froita de temporada, unha alternativa saudable e personalizada

Agasallar froita de temporada, unha alternativa saudable e personalizada

"Agora para todo: hospitales, tanto enfermos como para o persoal sanitario,  aniversarios, polos namorados. Agora en calquera momento se fan cestas"

G24.gal 24/02/2026 21:21 Última actualización 24/02/2026 22:44

Pezas de froita frescas e de temporada para agasallar.

Moitas froitarías levan anos preparando cestos de froita. Unha tendencia que, din, vai a máis.

"Agora para todo: hospitales, tanto enfermos como para o persoal sanitario,  aniversarios, polos namorados. Agora en calquera momento se fan cestas", asegura Ana Belén Reagl de Frutas Berta.

Cóntanos Sandra que as máis solicitadas son  as personalizadas e con presentacións orixinais.

"Vanche dicindo para quen é. Neste caso é para unha irmá e vo collendo un pouco a idea". 

Ela deseña ata os materiais das caixas e embalaxes que emprega para súas cestas.

"Eu aproveito as caixas de froita que me gustan e que se adapten e sexan resistentes. Logo píntoas e póñolles o recheo que traen as caixas da froita", engade a propietaria de Fruta Sandra, Sandra Castro.

 Un agasallo de froitas é visto como un agasallo saudable.

"Gustaríache que te agasallaran con unha? Si, neste momento si. Máis nova non, pero agora si". "Paréceme un agasallo interesante. (E que froita che gusta máis?) Pois a verdade que me gusta toda a froita".  

Unha alternativa aos agasallos máis tradicionais que amais de sorprender tamén coida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade