Cargando resultados...
Agar Ledo fálanos da expo de Alberto Ardid en Vigo
'Hai un lugar', no Museo de Arte Contemporánea de Vigo Ata o 1 de novembro
Fala dun lugar ficticio, dun lugar paralelo, dunha Galicia distópica pero moi próxima porque está construída con cousas que recoñecemos perfectamente
G24.gal
06/10/2026 10:12
A exposición titúlase 'Hai un lugar'. Fala dun lugar ficticio, dun lugar paralelo. Dunha Galicia distópica, pero dunha distopía moi próxima, porque está construída con cousas que recoñecemos perfectamente.
Hai leiras, marcos de pedra, un palleiro, un eucalipto ou niños de velutina. O que fai Ardid é mover un pouco as cousas do seu lugar habitual. E cando as vemos noutro contexto, empezan a contarnos outras historias.