Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida dunha muller na praia de Santa Mariña, en Ponteceso

Atopan o corpo sen vida dunha muller na praia de Santa Mariña, en Ponteceso

O corpo foi localizado no areal pouco despois das seis da tarde

G24.gal 14/10/2023 20:04 Última actualización 15/10/2023 13:14

Apareceu o corpo sen vida dunha muller esta tarde na praia de Santa Mariña, na parroquia de Niñóns, no municipio de Ponteceso. O cadáver foi localizado na area, fóra da auga, dez minutos despois das seis da tarde.

Tras recibir unha chamada de alerta, o 112 avisou o 061, os Bombeiros de Bergantiños, o GES de Ponteceso, a Garda Civil e Protección Civil de Ponteceso. Cando os servizos de emerxencia chegaron ao lugar só puideron confirmar o falecemento da muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade