Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Vázquez: "En motivación seguro que lle gañamos á Real Sociedade"

Adrián Vázquez: "En motivación seguro que lle gañamos á Real Sociedade"

Confirmou que todos os xogadores están dispoñibles para este partido, salvo o lesionado Peke

G24.gal 28/10/2025 11:45 Última actualización 28/10/2025 11:57

Adrián Vázquez, adestrador da S. D. Negreira, admitiu este luns, na conferencia de prensa previa á eliminatoria de Copa do Rei ante a Real Sociedade, que a diferenza entre ambos é “moi grande”, pero “a ilusión” e "motivación" o conxunto donostiarra non lle gaña ao seu.

No vestiario hai moitísima ilusión, desde que eliminamos o Téxtil todo o mundo estaba a desexar que chegase este partido. A todos nos custou centrarnos nestes últimos partidos de Liga”, indicou en conferencia de prensa.

O técnico galego dixo que o seu equipo, que milita en Preferente, tentará competir “o máximo posible”, e para iso terá que cambiar o seu estilo de xogo porque lles vai custar “moitísimo” quitarlle a pelota ao equipo dirixido por Sergio Francisco.

“Contra a Real Sociedade cambia totalmente o escenario. Ser competitivos pasa pola nosa fase defensiva, por estar xuntos, por ser sólidos a nivel defensivo, por conseguir que non estean cómodos na súa circulación de balón e levar o partido a un resultado estreito o maior número de minutos posibles”, avisou.

Confirmou que todos os xogadores están dispoñibles para este partido salvo o lesionado Peke, e, aínda que ten claro o once que aliñará mañá de inicio, non o adiantou “para non dar pistas” ao técnico 'txuri-urdin'.

“En motivación seguro que lle gañamos á Real Sociedade. A ilusión dos xogadores é do 120 por cento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade