Cargando resultados...
Adiantar mal os ciclistas e conducir co móbil na man custarán 6 puntos
A reforma da lei de tráfico prevé eliminar a marxe de 20 km/h para adiantar
G24.gal
25/11/2021 19:23
Conducir co móbil na man ou adiantar os ciclistas sen respectar a distancia de seguridade pasarán a restar 6 puntos e non 4 como ata agora. A DXT considera que a penalización vixente non abonda para frear estes comportamentos perigosos.
A eliminación da norma que permitía superar os límites de velocidade en 20 km/h nos adiantamentos non fora aprobada no Congreso pero si acadou consenso no Senado. Así que neste artigo aínda podería haber novidades no derradeiro trámite parlamentario da lei.
As obrigas de instalar alcoholímetros de arranque no transporte de viaxeiros e de levar casco nos patíns eléctricos son outras novidades desta reforma.