Cargando resultados...
Adiado o Zaragoza-Deportivo feminino por casos de covid

G24.gal
28/01/2022 15:58
O partido entre o Zaragoza CFF e o Deportivo ABANCA, correspondente á xornada 16ª no grupo norte de Reto Iberdrola, previsto para este domingo 30 de xaneiro ás 12:00 en Villanueva de Gállego, foi aprazado por casos de covid no vestiario branco e azul.
Agora será o Comité de Competición o que estableza unha nova data para disputarse o partido.
#ASNOSAS | Aprazado por COVID o partido do #DéporABANCA en Villanueva de Gállego ante o Zaragoza CFF https://t.co/SmMbfMycHQ pic.twitter.com/ixpFoBl2wf
— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 28, 2022